Preguntas frecuentes

INFORMACIÓN XERAL

Como accedo ao Marketplace?

Podes acceder introducindo a URL directamente no teu navegador ou desde o Portal de Acceso Unificado (PAU). O PAU é o punto de entrada para interactuar con todos os servizos da Plataforma de Innovación Aberta (PIA). Desde aquí poderás crear o teu perfil e iniciar sesión, xestionar os teus accesos aos servizos (tamén chamados compoñentes) e comezar a túa participación na plataforma. Só tes que facer clic no botón “Iniciar sesión” [Parte superior esquerda da pantalla] e seguir o proceso de autenticación segura, tanto para a primeira vez de creación de usuarios, como para as seguintes sesións. Como usuario rexistrado podes descargar as solucións. No caso que queiras publicar as túas solucións, é necesario que rexistre a túa entidade na túa área privada do PAU. Unha vez revisada e aprobada a solicitude polo equipo da PIA, a túa entidade será rexistrada e poderás comezar a solicitar accesos a todos os servizos, neste caso, acceso ao Marketplace como publicador de solucións. A solicitude de acceso ao Marketplace xestiónase mediante formulario desde o teu espazo privado no PAU. Os campos que cumprimentar no formulario de “Acceso ao Marketplace” son: o nome da primeira solución que publicarás, o tipo de solución e a que público vai dirixido. Só tes que facer clic no botón “Iniciar sesión” [Parte superior esquerda da pantalla] e seguir o proceso de autenticación segura, tanto para a primeira vez de creación de usuarios, como para as seguintes sesións. Como usuario rexistrado podes descargar as solucións. No caso que queiras publicar as túas solucións, é necesario que rexistre a túa entidade na túa área privada do PAU. Unha vez revisada e aprobada a solicitude polo equipo da PIA, a túa entidade será rexistrada e poderás comezar a solicitar accesos a todos os servizos, neste caso, acceso ao Marketplace como publicador de solucións. A solicitude de acceso ao Marketplace xestiónase mediante formulario desde o teu espazo privado no PAU. Os campos que cumprimentar no formulario de “Acceso ao Marketplace” son: o nome da primeira solución que publicarás, o tipo de solución e a que público vai dirixido.

Que requisitos técnicos necesito para acceder ao Marketplace?

Non necesitas requisitos técnicos específicos, simplemente unha conexión a Internet estable, navegador web actualizado (Chrome, Firefox, Edge, Safari), e resolución mínima de pantalla.

Podo navegar polo Marketplace sen rexistrarme?

Si, podes explorar as seccións públicas e ver solucións e publicadores sen necesidade de rexistro. Necesitas estar rexistrado para poder descargar as aplicacións.
wpChatIcon
wpChatIcon