Política de Accesibilidade

A Sociedade Mercantil Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR) procura que o seu sitio web sexa accesible para todos os cidadáns, incluíndo persoas con discapacidades físicas ou cognitivas, e independentemente dos dispositivos tecnolóxicos empregados para acceder á información.

No seu compromiso por cumprir estes obxectivos, o deseño do sitio web de SEGITTUR realizouse seguindo, na medida do posible, o nivel dobre A (AA) da Norma UNE 139803:2012 — Requisitos de Accesibilidade para contidos web.

A Lei 56/2007, do 28 de decembro, de Medidas de Impulso da Sociedade da Información, establece que as administracións públicas deberán adoptar as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas web sexa accesible, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido establecidos no Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro (Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e cos medios de comunicación social).

Nese Real Decreto especifícase o grao de accesibilidade aplicable ás páxinas web das administracións públicas, sendo obrigatorio, como nivel mínimo, o cumprimento das prioridades 1 e 2 da citada norma UNE.

O portal foi desenvolvido utilizando XHTML e follas de estilo, cumprindo, na medida do posible, coas validacións XHTML 1.0 e CSS2 do W3C.

Medidas adoptadas para garantir a accesibilidade:

  • Tamaño do texto: As fontes empregadas teñen dimensións relativas, de xeito que o usuario pode controlar o seu tamaño dende o navegador que utilice.
  • Deseño, navegación e interactividade: Tentouse garantir unha navegación coherente en todo o sitio web, seguindo os mesmos esquemas estruturais en todas as páxinas.
  • Atallos de teclado: Estableceuse unha serie de atallos de teclado para acceder ás opcións do menú de navegación e ás ligazóns que se atopan no pé de páxina. Estes atallos varían segundo o navegador utilizado:
    • En Internet Explorer debe premer Alt, a tecla do atallo e despois a tecla Intro.
    • En Mozilla e Netscape debe premer Alt e a tecla do atallo correspondente.
    • En Firefox para PC debe premer Alt + Maiúsculas máis a tecla do atallo.
    • En Opera para PC debe premer Maiúsculas + Escape máis a tecla do atallo.
    • En Safari para Mac debe premer Control máis a tecla do atallo.

Acceso rápido dende o teclado:

  • Tecla 0: Accesibilidade do sitio.
  • Tecla 1: Coñécenos.
  • Tecla 2: Proxectos.
  • Tecla 3: Áreas de Coñecemento.
  • Tecla 4: Sala de Prensa.
  • Tecla 5: Contacto.
  • Tecla 6: Mapa web.

Os documentos existentes en formato PDF poden visualizarse empregando a aplicación gratuíta Adobe Acrobat Reader.

Excepcións de accesibilidade do sitio web

Como se indicou anteriormente, as páxinas realizáronse cumprindo coas validacións establecidas polo W3C. Non obstante, é posible que nalgún caso, debido á creación de contidos mediante ferramentas de xestión, poida existir algún elemento que provoque erros nalas.

Para os textos dos titulares introdutorios, empregouse a técnica sIFR, que permite utilizar tipografías específicas.

Os formularios utilizados no sitio web están validados actualmente no lado do cliente. Estase a traballar para implementar a validación no servidor.

Comentarios sobre a accesibilidade do sitio web

Pode facernos chegar os seus comentarios, problemas e/ou suxestións sobre a accesibilidade web do sitio a través da nosa sección de Contacto.

wpChatIcon
wpChatIcon